A idea de adicar unha entrada a John Cage deuma un estracto do libro de David Nicholls que atopei na revista Turner 8P, pero ao ir cargando a páxina de Blogger, introducindo o contrasinal, xa ía pensando en unhas cantas cousas interesantes (polo menos para min...) das que quería falar. É certo que as fronteiras do que é ou non é música son moi persoais; eu podo comprender, e moito, que alguén non tolere unha Sequenza de Berio, o 4'33'' de Cage ou un dos Soundscapes recollidos por Murray Schafer, pero tamén debo dicir que eu gosto moito desta pequena desintoxicación das cuartas e sextas cadenciais que as veces resulta a música do Século XX, e que tamén e tan ben pode facerse con, por exemplo, Josquin des Prez. Pero como de todo isto non podo falar, só o farei de Cage.Vexamos... primeiro unha lectura recomendada, a do libro que mencionaba máis arriba, o de David Nicholls editado por Turner e que está na nosa Biblioteca, e o artigo adicado ao 4'33'' da publicación Turner 8P e que podemos descargar nesta ligazón; e tamén, a exposición La anarquía del silencio. John Cage y el arte experimental que ofreceu o MACBA hai un tempo, e que podemos seguir disfrutando en parte no seu web a través dunha boa cantidade de material. Entre todo el atopamos este estracto do catálogo da exposición, un ensaio tamén sobre o 4'33'' escrito por James Pritchett e que podemos descargar nesta ligazón.
E para rematar, espero que non para rematar con alguén... déixovos co pianista David Tudor, quen o 29 de Agosto de 1952 estreaba no Maverick Concert Hall en Woodstock, New York, a composición de Cage que non nomearei outra vez.
Permitídemo: que gozedes da música!









