12/3/10

Festival Mozart 2010

Só unhas poucas liñas para informar acerca do Festival Mozart que hoxe se presentaba. Un par de cousas verdadeiramente interesantes: a interpretación do Soño dunha noite de verán de Mendelssohn na forma orixinal de música incidental; unha Frauta máxica para os pequenos cantada en castelán; a presenza de concertos nos museos científicos coruñeses; algúns concertos programados en pequenas vilas fora da Coruña; e as irmás Labèque...

Ata outra!

3 comentarios:

María dijo...

A que obra pertence a imaxe que acompaña o texto? Penso que se trata de Papagueno e Papaguena (a Frauta Máxica), pero o pregunto porque en Monforte asistín a unha representación de Bastian e Bastiana e, aínda que os personaxes son pastores, aquela vez ían vestidos de pitos. Grazas.

Anónimo dijo...

Mais cousas sobre o Festival Mozart...

http://www.lavozdegalicia.es/agenda/2010/03/16/00031268740183226848751.htm

Daniel Borja Durán Alonso dijo...

Non sen tardar... si, son Papagueno e Papaguena da ópera de Mozart.

Un saúdo!