25/3/10

Murajazz!

Maña Venres ás 21'00 no Centro de Interpretación das Insuas de Rábade está programado un importante evento musical: a presentación da big band Murajazz. A formación está composta por unha vintena de músicos de toda a provincia dirixidos por Alejandro Troya, un dos profesores de saxofón do noso centro. O lugar de presentación ten moito que ver con todo isto, xa que Rábade foi, a través da súa escola de música e de xeito particular da man seu responsable o saxofonista Armando Morales, onde todo este proxecto xurdiu. Na imaxe, que corresponde á nova recollida onte no xornal El Progreso, podemos ver a formación nun dos ensaios.

Parabéns!

1 comentario:

Juan Carlos Pardo Gómez dijo...

Estivo xenial!!!
A min gustoume,sobretodo, a de Rock around the Clock, pois xa a coñecía pero é estupendo vela en directo!

Óxala a banda acade grandes éxitos porque ten uns músicos que ben so merecen.

Saúdos.